DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 64003

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas dos procesos selectivos para a cobertura de prazas do cadro de persoal funcionario reservadas a promoción interna vertical, incluídas na oferta de emprego público do ano 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 238, do 16 de outubro de 2025, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos para a cobertura de prazas do cadro de persoal funcionario e laboral, reservadas a promoción interna (vertical e/ou horizontal), na Deputación Provincial de Lugo (cota xeral e cota de reserva a persoas con discapacidade).

No BOP núm. 252, do 3 de novembro de 2025, publícanse a convocatoria e as bases específicas que rexerán, polo sistema de concurso-oposición, os procesos selectivos en quenda de promoción interna, que a seguir se sinalan:

Cinco prazas de técnico/a de administración xeral pertencentes á escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A-subgrupo A1.

Catro prazas de técnico/a de xestión, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala xestión, grupo A-subgrupo A2.

Catro prazas de administrativo/a, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C-subgrupo C1.

Dúas prazas de auxiliar, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C-subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.

Lugo, 19 de novembro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo