DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 64002

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante libre designación, do posto directivo da Xerencia deste consello (expediente 839/2025).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 234, do 5 de decembro de 2025, publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de libre designación, do posto directivo da Xerencia do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O que se fai público para os efectos oportunos e en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 5 de decembro de 2025

Aníbal Pereira Novoa
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense