DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 64001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, encóntranse á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Asemade, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es

Acto que se notifica

Referencia catastral

Localización

Persoa interesada

Xestión da biomasa vexetal

Expediente 4958/2025

Prazo: 15 días naturais

1871725PJ1317S0002OD

3979504PJ1337N0002HD

Cm. Igrexa-Covas-Viveiro

NIF: 32546306H

(herdeiros de)

Xestión da biomasa vexetal

Expediente 2005/2025

Prazo: 15 días naturais

3979504PJ1337N0002HD

3979504PJ1337N0002HD

Area-Faro-Viveiro

NIF: 76520898J

Viveiro, 20 de novembro de 2025

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa