DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63995

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO do requirimento do cumprimento das obrigas en materia de xestión da biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio, notificáselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza Consistorio 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Datos da parcela

Acto notificado

Interesado/a

642/2025

36001A021001060000SU

Polígono 21, parcela 106

Eira Nova. Arbo (Pontevedra)

Clase: rústico

Uso principal: agrario

Xestión da biomasa vexetal

Herdeiros de Joaquín Florencio Bertolo Pérez:

Xavier Bertolo, Mercedes Bertolo e Robin Bertolo

642/2025

36001A021001050000SZ

Polígono 21, parcela 105

Eira Nova. Arbo (Pontevedra)

Clase: rústico

Uso principal: agrario

Xestión da biomasa vexetal

Ángela Viéitez Balado

Arbo, 14 de novembro de 2025

Horacio Gil Expósito
Alcalde