DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63996

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2025.

En cumprimento do artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, sinala que as corporacións locais aprobarán dentro do prazo dun mes, desde a aprobación do orzamento, a oferta de emprego público para o ano correspondente, a oferta ordinaria foi aprobada pola Resolución da Alcaldía 2025-1526, do 18 de novembro de 2025, a cal foi publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 223, do 20 de novembro.

Cerdedo-Cotobade, 20 de novembro de 2025

Jorge Cubela López
Alcalde