DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 20 de novembro de 2025 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Custos da exec. subsidiaria

Orde de execución

(Exp. 1055-2025)

Resolución O. ex. subs. do 12.11.2025

36043A008001610000JT

(Polígono 8-parcela 161)

Forzáns

Ponte Caldelas

Lucinda Cal Lorenzo

120,00 €

Orde de execución

(Exp. 1056-2025)

Resolución O. ex. subs. do 12.11.2025

36043A008001620000JF

(Polígono 8-parcela 162)

Forzáns

Ponte Caldelas

Celia Barros Martínez

120,00 €

Orde de execución

(Exp. 1066-2025)

Resolución O. ex. subs.do 12.11.2025

36043A008002280000JR

(Polígono 8-parcela 228)

Forzáns

Ponte Caldelas

José Suárez

960,00 €

Orde de execución

(Exp. 1069-2025)

Resolución O. ex. subs. do 12.11.2025

36043A008002390000JU

(Polígono 8-parcela 239)

Forzáns

Ponte Caldelas

Dolores Garrido

1.440,00 €

Orde de execución

(Exp. 1699-2025)

Resolución O. ex. subs. do 18.11.2025

36043A053000320000JK 

(Polígono 53-parcela 32)

Caldelas

Ponte Caldelas

José Manuel Mallo Liñares

1.440,00 €

Orde de execución

(Exp. 2102-2024)

Resolución O. ex. subs. do 19.11.2025

36043A026004580000JD 

(Polígono 26-parcela 458)

Covelo-A Insua

Ponte Caldelas

Segundo Pintos Juncal

360,00 €

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puidese determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infructuosa a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e os custos repercutiranlles ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 20 de novembro de 2025

Andrés Díaz Sobral
Alcalde