DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63999

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública do proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, modificación puntual número 7.

Sométese a información pública o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, modificación puntual nº 7 de Sarria, para a creación de bolsa de solo urbanizable no lugar de San Xulián, con ordenación detallada.

O documento técnico poderá consultarse nas oficinas municipais das 9.00 ás 14.00 horas, a través de cita previa, que se poderá obter na sede electrónica do Concello (sede.sarria.es) ou telefonicamente no 982 53 50 00, ou de xeito telemático e mediante acceso á sede electrónica do Concello de Sarria, na seguinte ligazón: https://sarria.sedelectronica.es/transparency/99744154-f43b-4857-b17a-c95db2735f58/

Sarria, 18 de novembro de 2025

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde