DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Foz (expediente DH.W27.107282).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: María Pilar López Cuadrado.

DNI: ***5928**.

Expediente: DH.W27.107282.

Lugar: Fazouro.

Parroquia: Santiago de Fazouro.

Concello: Foz.

Descrición das actuacións: as obras solicitadas consisten na reparación dun treito deteriorado do peche existente, na parcela con referencia catastral 8277015PJ3287N, na zona de policía dun rego innominado.

O detalle da actuación pode consultarse na sección de participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 3 de novembro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña