DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Poio (expediente DH.W36.103192).

Benisa Promociones, S.L., solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Benisa Promociones, S.L.

Expediente: DH.W36.103192.

Concello: Poio.

Descrición das obras: construción dun edificio de vivendas, locais, garaxes e rochos, de cinco plantas e unha superficie de 2.755,45 m2 nas parcelas con referencias catastrais: 8284004NG2988S0001AG, 8284005NG2988S0001BG e 8284006NG2988S0001YG, localizadas na avenida Antelo Mariño, números 1 e 3 de Poio (San Salvador).

O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á data de publicación Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Poio ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, nº 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 11 de novembro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur