DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Oleiros (expediente DH.W15.110985).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Carmen María Valiño Franco.

DNI: ***8844**.

Expediente: DH.W15.110985.

Lugar: A Gándara.

Parroquia: San Pedro de Nós (San Pedro).

Concello: Oleiros (A Coruña).

Descrición das actuacións: reforma de edificación para vivenda unifamiliar e construción de peche na parcela 4750412NH5945S0001HX.

A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 da Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 13 de novembro de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte