DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente Lugo/23_83 e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión realizada polo xurado o día 26.11.2025 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Riazoi, Caseiro, Reboira e Da Costa, pertencente aos veciños de Mera, no concello de Lugo. Expediente Lugo/23_83.

O 13.6.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Mera para que se revise o esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Dado que na proposta presentada pola comunidade se solicita a exclusión dunha peza de monte completa, clasificada co nome Da Costa, requírese a modificación da proposta ao non axustarse ao procedemento de revisión perimetral. A dita proposta foi emendada con data do 9.9.2025. Procedemento con número de expediente 2025_27RE.

O día 13.10.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. Na nova proposta só se suprimen do esbozo do monte aquelas superficies da peza do monte Da Costa, cuxo titular catastral actual non é o monte veciñal.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Riazoi, Caseiro, Reboira e Da Costa pasa a ser de 40,42 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Acevedo, pertencente aos veciños de Acevedo, no concello de Portomarín. Expediente Portomarín/33_76.

O 8.7.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Acevedo para que se revise o esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. A proposta foi emendada o 18.9.2025 tras o correspondente requirimento porque modificaba un treito no límite con outros montes veciñais en man común. Procedemento con número de expediente 2025_32RE.

O día 21.9.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Acevedo pasa a ser de 194,26 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC O Ermidón, O Ivedo e San Miguel, pertencente aos veciños do Ermidón, O Ivedo e San Miguel, no concello de Quiroga. Expediente Quiroga/23_73.

O 17.7.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade do Ermidón, O Ivedo e San Miguel para que se revise o esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2025_37RE.

O día 4.9.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte do Ermidón, O Ivedo e San Miguel pasa a ser de 104,36 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Piguereiro, pertencente aos veciños de Caspedro, O Hospital, Outeiro, A Ribeira de Arriba, San Xulián de Arriba e San Xulián de Abaixo e O Souto, no concello de Quiroga. Expediente Quiroga/25_73.

O 25.8.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Caspedro, O Hospital, Outeiro, A Ribeira de Arriba, San Xulián de Arriba e San Xulián de Abaixo e O Souto para que se revise o esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. O 17.9.2025 a comunidade presenta unha mellora voluntaria da solicitude. Procedemento con número de expediente 2025_38RE.

O día 18.9.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Piguereiro pasa a ser de 149,27 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Bazal, pertencente aos veciños de Bazal, no concello de Cervantes. Expediente Cervantes/26_82.

O 24.7.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Bazal para que se revise o esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A proposta foi emendada o 1.10.2025 tras o correspondente requirimento por incluír superficies de titularidade allea e alterar o límite con outros montes veciñais. Procedemento con número de expediente 2025_42RE.

O día 14.11.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Bazal pasa a ser de 121,86 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro, pertencente aos veciños de Vilacampa, no concello do Valadouro. Expediente Valadouro/31_79.

O 7.8.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilacampa para que se revise o esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. A proposta foi emendada o 4.10.2025 tras o correspondente requirimento por alterar o límite con outro monte veciñal e excluír, de forma inxustificada, predios da titularidade do monte. Procedemento con número de expediente 2025_45RE.

O día 15.10.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro pasa a ser de 606,97 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 27 de novembro de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Plano do MVMC Riazoi, Caseiro, Reboira e Da Costa

missing image file

ANEXO II

Plano do MVMC Acevedo

missing image file

ANEXO III

Plano do MVMC O Ermidón, O Ivedo e San Miguel

missing image file

ANEXO IV

Plano do MVMC Piguereiro

missing image file

ANEXO V

Plano do MVMC Bazal

missing image file

ANEXO VI

Plano do MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro

missing image file