DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente Quiroga/32/73 e seis máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e a elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión que tivo lugar polo xurado o día 23.6.2025 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Augas Mestas, pertencente aos veciños de Augas Mestas, no concello de Quiroga. Expediente Quiroga/32_73.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Augas Mestas para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_253.

Na reunión que tivo lugar o día 30.10.2024, o xurado acordou aprobar a proposta de revisión de esbozo elaborada polo Servizo de Montes na que se excluían do perímetro do monte una serie de parcelas que a comunidade veciñal pretendía incorporar e outros que se manteñen incorporados e se pretendían excluír, por non quedar acreditada a titularidade dos ditos predios.

O 24.12.2024 a CMVMC Augas Mestas presentou un recurso de reposición contra o dito acordo do xurado, no que, en síntese, alega que se produciu indefensión e un prexuízo irreparable aos seus intereses lexítimos. En consecuencia, o 18.3.2025 o xurado acorda aceptar o recurso de reposición e retrotraer o expediente ao momento da solicitude inicial, e o Servizo de Montes procedeu a elaborar unha nova memoria.

O Servizo de Montes elaborou unha nova proposta de revisión de esbozo, e tras concederlle trámite de audiencia á comunidade veciñal, esta presenta alegacións o día 27.9.2025.

Con motivo destas alegacións, o día 3.10.2025, o Servizo de Montes elaborou unha nova memoria, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. Das alegacións presentadas conclúese que a parcela catastral 27050A04500821 pertence á CMVMC Augas Mestas, e acepta a súa incorporación ao esbozo do monte veciñal.

Non obstante, o resto de predios que se propoñían excluír do esbozo do monte mantéñense dentro do perímetro clasificado, ao non presentar a comunidade veciñal títulos ou documentos probatorios suficientes que poidan destruír a presunción outorgada pola inscrición catastral e a resolución clasificatoria.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Augas Mestas pasa a ser de 453,16 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Pígara, pertencente aos veciños de Pígara, no concello de Guitiriz. Expediente Guitiriz/65_75.

O 7.4.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pígara para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2025_16RE.

O día 18.6.2025 a dita proposta foi emendada, tras considerarse as alegacións presentadas polo Concello de Guitiriz. Porén, na nova proposta de revisión de esbozo do MVMC Pígara, presentada o día 18.6.2025, exclúense os camiños públicos de titularidade municipal.

O día 1.7.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pígara pasa a ser de 693,53 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Fonfría, pertencente aos veciños de Fonfría, no concello de Pedrafita do Cebreiro. Expediente Pedrafita/56_73.

O 21.4.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Fonfría para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2025_18RE.

O día 19.5.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Fonfría pasa a ser de 154,67 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Serra do Édramo, pertencente aos veciños de Mao-Santa María, no concello do Incio. Expediente Incio/129_75.

O 24.4.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Mao-Santa María para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2025_22RE.

O día 6.7.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. Nesta proposta acéptase a inclusión no esbozo do monte da parcela 1487 do polígono 42, do concello do Incio, mais non acepta a inclusión dunha parcela cuxa titularidade catastral pertence ao monte veciñal lindeiro.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Serra do Édramo pasa a ser de 262,46 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Castelo, pertencente aos veciños de Castelo, no concello da Fonsagrada. Expediente A Fonsagrada/118_80.

O 1.7.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Castelo para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. O 30.7.2025 a comunidade veciñal emenda a súa solicitude, tras o correspondente requirimento. Procedemento con número de expediente 2025_30RE.

O día 11.9.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. Nesta proposta acéptase a inclusión no esbozo do monte dunha serie de parcelas que, aínda que non figuran catastradas á titularidade da comunidade veciñal, xa estaban case totalmente incluídas no esbozo do monte veciñal de forma previa. Así mesmo, comprobouse que varios dos cotitulares destas parcelas son actualmente comuneiros da CMVMC Castelo.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Castelo pasa a ser de 188,43 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Pena do Lobo, pertencente aos veciños de Escuadra e Penarredonda, no concello de Vilalba. Expediente Vilalba/132_79.

O 25.4.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Escuadra e Penarredonda para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2025_23RE.

O día 9.6.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pena do Lobo pasa a ser de 161,48 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada, pertencente aos veciños de Lama da Vila, no concello das Nogais. Expediente Nogais/44_75.

O 10.6.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Lama da Vila para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A dita proposta foi emendada, con data do 17.6.2025, ante a imposibilidade de xustificar a exclusión dunha parcela de titularidade do monte veciñal. Procedemento con número de expediente 2025_25RE.

O día 3.7.2025, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. Nesta proposta exclúese do perímetro do monte veciñal a parcela catastral 27037A13700685, xa que é de titularidade particular, tal e como figura na documentación achegada do antigo catastro de rústica.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada pasa a ser de 86,05 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 27 de novembro de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Plano do MVMC Augas Mestas

missing image file

ANEXO II

Plano do MVMC Pígara

missing image file

ANEXO III

Plano do MVMC Fonfría

missing image file

ANEXO IV

Plano do MVMC Serra do Édramo

missing image file

ANEXO V

Plano do MVMC Castelo

missing image file

ANEXO VI

Plano do MVMC Pena do Lobo

missing image file

ANEXO VII

Plano do MVMC Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada

missing image file