Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 26.11.2025, figura o seguinte acordo:
– MVMC Granda e Lal, pertencente aos veciños de Mosteiro, no concello de Pol (expediente Pol/101_80/2025_14RE).
– O día 3.4.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Mosteiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.
– Con data do 8.5.2025 o Servizo de Montes elaborou a memoria e planos de revisión de esbozo do MVMC Granda e Lal, que foi aprobada polo Xurado na reunión que tivo lugar o 23.6.2025.
– Con data 1.8.2025, a CMVMC Mosteiro presentou un recurso de reposición contra o acordo do Xurado, no cal, en síntese, manifesta que existiu un erro na presentación da documentación por parte da comunidade e aporta xunto coa solicitude, unha nova memoria coa nova proposta de revisión de esbozo na cal propoñen a inclusión e exclusión de novas superficies, non reflectidas na proposta inicial presentada e aprobada na reunión celebrada pola comunidade veciñal o 15.3.2025.
Examinado o recurso de reposición, o Xurado, por unanimidade, acorda desestimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.
Contra esta resolución, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 27 de novembro de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo
