DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64190

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 4 de novembro de 2025 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024.

Mediante a Resolución do 4 de novembro de 2025 (DOG número 221, do 14 de novembro) publicouse a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024 (DOG número 94, do 15 de maio).

Vistos os recursos presentados contra a devandita resolución do 4 de novembro,

RESOLVO:

Incluír na relación definitiva de persoas admitidas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024, a seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***9539**

Fontenla Barro, Judit

Estimación de recurso administrativo

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal