Mediante a Resolución do 11 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG número 133, do 14 de xullo), resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG), e acordouse diferir os prazos posesorios ata que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.
No anexo I da dita resolución publicáronse os postos adxudicados ás persoas participantes no concurso de traslados.
En vista dos recursos presentados contra a devandita Resolución do 11 de xullo de 2025, acórdase estimar exclusivamente o recurso interposto por Carlos Adolfo García Muñoz, ao considerar que cumpre todos os requisitos para ser admitido nos postos solicitados, polo que procede modificar o citado anexo I.
Polo exposto, en uso das competencias que ten atribuídas segundo o artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e de conformidade co previsto na base XI da convocatoria, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Modificar o anexo I da Resolución do 11 de xullo de 2025 e incluír nel a adxudicación de posto resultado da estimación do recurso potestativo de reposición interposto por Carlos Adolfo García Muñoz, segundo se detalla no anexo I desta resolución.
Segundo. Abrir o prazo de toma de posesión que se establece no punto segundo da Resolución do 11 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 16 de decembro de 2025.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun (1) mes e empezará a computar o día 17 de decembro de 2025.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Adxudicación de postos
|
Posto |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Concello |
Nivel |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Subgrupo |
Puntos |
|
5 |
PE.C99.10.910.15001.030 |
Vixilante-mariñeiro/a |
PE |
A Coruña |
14 |
García |
Muñoz |
Carlos Adolfo |
***5174** |
C1 |
8.548 |
Relación de consellerías:
|
Código |
Consellería |
|
PE |
Mar |
