Unha vez presentada a renuncia da presidenta titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Isabel Fariña Negreira como presidenta titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno.
Segundo. Nomear no seu lugar como presidenta titular do dito tribunal a María José Duro Regos, funcionaria do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
