Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 5 de novembro de 2025 (DOG número 217, do 10 de novembro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro) e que se relaciona no anexo desta resolución, e adxudicarlle como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.
Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, caso en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Elección de destino definitivo do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observacións |
|
1 |
***1090** |
Menéndez Rocha, Ramón José |
1 |
PEC991091027650004 |
Inspector/a |
PE |
Unidade Operativa de Gardacostas (Celeiro) |
Servizos periféricos |
Viveiro |
A1-A2 |
20 |
Permiso de conducir B (R.I.) |
Horario especial |
