DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 4 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2023/292.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselle á persoa interesada e que figura no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e demais normativa que a desenvolve.

O expediente está no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en Gregorio Hernández, 2, 1º andar, onde a dita persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a persoa interesada ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 4 de novembro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de

expediente

Persoa interesada

Data da resolución

Efectos da resolución

2023/292

53160148H

10 de febreiro de 2025

Revogación de concesión de título