DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 11 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de almacenamento de enerxía eléctrica mediante baterías, así como da súa infraestrutura de evacuación, no concello de Sada (expediente PB 13/2024).

Expediente: PB 13/2024.

Solicitante/promotora: Heliades Fotovoltaica 4, S.L.

Denominación: Bess Heliades Sada 2.

Concello: Sada.

Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG número 54, do 19 de marzo).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O anterior faise público para coñecemento xeral e exame da documentación técnica e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste acordo

A Coruña, 11 de novembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña