DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente IN407A 2025/98-ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMTA, LMTS, CT, RBT Outeiro.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Novo centro de transformación rural prefabricado en superficie con envolvente de formigón e con transformador de 100 kVA/20 kV alimentado pola LMT CRG805, procedente da subestación do Corgo.

• Novo apoio de celosía metálica na LMT aérea CRG805 de tipo C-A-AL16/1000-H35-CAIII (CSIII), entre os apoios existentes números 77-31 e 77-32, retensando sobre el os condutores existentes de tipo LA-56.

• Desmantelamento da derivación ao CT 27C573 tramo H-A con condutores de tipo LA-56 e 14 metros de lonxitude e o seccionador XS 27HK88 localizado no apoio número 77-28 da LMTA CRG805.

• Nova liña de media tensión soterrada coa orixe nun paso aéreo soterrado proxectado no novo apoio número 77-31X e fin no novo CT proxectado, con condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20KV 3x(1x150), de 26 metros de lonxitude. Incluída gabia de 0,40 metros de ancho por 1 e 1,2 m de profundidade e canalización de polipropileno de 160 mm de diámetro cunha lonxitude total de 7 metros.

• Novo tramo de baixa tensión soterrado para alimentar a rede de baixa tensión do CT 27C573, desde o novo CT proxectado ata o apoio de formigón, de tipo HV-11/630, onde mediante un PAS se deriva a RBT aérea existente, con condutores tipo XZ1 0,6/1 KV 4x(1x240)Al e unha lonxitude de 94 metros. Incluída a gabia e a canalización en propileno de 160 mm de diámetro, con 78 metros de lonxitude.

• Novo tramo de baixa tensión aérea tensada, con condutor RZ 2x25 e lonxitude 40 metros.

• Desmantelamento de 2 tramos aéreos de baixa tensión tipo RZ 3x95 e 23 metros de lonxitude e un tramo tipo RZ 2x16 e 20 metros de lonxitude.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Castroverde. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/castroverde

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 21 de novembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: LMTA, LMTS, CT, RBT Outeiro.

Concello: Castroverde.

Expediente: IN407A 2025/98-ATE.

Nº de predio

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio

(nº)

Cant.

Apoio.

Sup. ocupación permanente (m²)

Canalización

soterrada (lonx.)

Canalización

soterrada

(m²)

Servidume de paso

1

27011A106001630000TH

106

163

Aira

Mato

Hdros. de Celia Goy

77-31X-CT

1

19

3

7

12