Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: proxecto para adecuación LMT e CT Anovello 27CS38.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
• Centro de transformación: desmantelamento do actual CT Anovello-27CS38 de tipo 2L1P (expediente 6608AT do 25.3.2008) e substitución por un novo CT 3L1P e un trafo de 250 kVA en edificio prefabricado de superficie para CT de ata 1000 kVA manobra interior.
Liñas eléctricas aéreas ata 20 kV para alimentar o novo CT proxectado. Inclúe:
• Substitución do apoio existente número D84 de tipo C-S-AL-20/2000-E30 por un apoio metálico de celosía de tipo C-A-AL-22/2000-E30 en que se instalarán dous pasos de aéreo a soterrado e pararraios autoválvulas, que conectarán a LMTA DC existente coa LMTS DC proxectada.
• Desmantelamento dos elementos de manobra interruptor telecontrolado con matrícula 27HM38 e seccionador tipo SXS con matrícula 27HM80 instalados sobre o apoio existente D86.
Liñas eléctricas soterradas ata 20 kV:
• Dúas novas liñas de media tensión soterradas con condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) que terán a súa orixe nos pasos de aéreo a soterrado para instalar no apoio proxectado número D84 e finalizarán nas celas de liña do CT 3L1P proxectado, cunha lonxitude total de liña de 166 metros.
• Novo tramo de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x95) que ten o seu inicio na cela de liña do CT proxectado e finaliza nos empalmes proxectados para realizar na liña de media tensión soterrada existente BCR805, cunha lonxitude total de 5 metros.
• Canalización en gabia de dimensións 0,40 metros de ancho por 1,20 e 1,24 metros de profundidade, en tubos de polipropileno de 160 mm de diámetro (instalarase outro tubo similar a modo de reserva), cunha lonxitude total de 57 metros.
• Instalación dun punto de acceso a rede na calzada onde se realizarán os empalmes necesarios coa liña de LMTS existente BCR805.
•Desmantelamento da LMTS que alimenta actualmente o CT e do paso de aéreo a soterrado e as autoválvulas instaladas sobre o apoio existente D86.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días a contar desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Becerreá. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/becerrea86
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 21 de novembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: proxecto para adecuación LMT e CT Anovello 27CS38.
Concello: Becerreá.
Expediente: IN407A 2025/86-ATE.
|
Nº de predio |
Ref. catastral |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Apoio (nº) |
Cant. |
Apoio. Sup. ocupación permanente (m²) |
Canalización soterrada (lonx.) |
Canalización soterrada (m²) |
|
1 |
27006A123011000000BA |
123 |
1100 |
A Costa |
Prado |
Descoñecido |
D84 |
1 |
3 |
2 |
6 |
|
2 |
0659936PH5405N0001GS |
Av. Quiroga, 86 |
Improdutivo |
Concello de Becerreá |
CT |
1 |
30 |
