DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2023/370-1).

Expediente: IN407A 2023/370-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS e CTS Xaquín Lorenzo.

Concello: Ames.

Feitos:

O 24.8.2023 UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou unha solicitude de autorización administrativa para o peche definitivo do CT 15SCYQ (Xaquín Lorenzo, 3), situado na rúa Xaquín Lorenzo, 3, no concello de Ames (expediente IN407A 2023/370-1).

Achegan o proxecto ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000 con declaración responsable asinada o 6 de xullo de 2023 polo técnico competente proxectista.

O 8.3.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Terceira. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Desmontaxe do actual centro de transformación Xaquín Lourenzo, de 630 kVA de potencia e a súa aparellaxe.

– Desmontaxe dos tramos da LMTS en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) que proveñen do CT 15CHG8, cunha loxitude total de 21 m cada tramo.

– Realízanse empalmes na liña de media tensión soterrada SNT828 para manter a continuidade da liña.

– As tres saídas existentes do CT por desmontar Xaquín Lorenxo, 3 (15SCYQ) alimentaranse mediante unha nova saída BT desde o CT próximo rúa do Seixo (15CHG8), e manterase así a súa subministración.

– A instalación, dadas as súas características, non se atopa baixo a xestión técnica do operador do sistema e xestor da rede de transporte, polo que non é preciso o informe previo previsto no artigo 137 do Real decreto 1955/2000.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución.

3. Logo de desmontar as instalacións, deberá comunicar esa circunstancia a esta xefatura territorial para emitir a acta de peche.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 20 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña