DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Tordoia (expediente IN407A 2025/332-1).

Expediente: IN407A 2025/332-1.

Promotora: Concello de Tordoia.

Denominación do proxecto: Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica ao parque empresarial de Anxeriz.

Concello: Tordoia.

Feitos:

1. O día 1.12.2025, o Concello de Tordoia solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor dos problemas de subministración de enerxía eléctrica na parroquia de Santa Mariña de Anxeriz, concello de Tordoia, e a maiores pola necesidade de atender unha petición de potencia de 1.800 kW para o polígono industrial de Pedrasalgueira, proxéctase o reforzo e extensión da rede de media tensión de UFD, coa instalación de dous centros de seccionamento para situar no citado polígono e dúas liñas soterradas de media tensión que os conectarán coa liña de distribución CBL707B, procedente da subestación Carballo.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica ao parque empresarial de Anxeriz, asinado o día 14.7.2025 por Pablo Rojo Losada, enxeñeiro técnico industrial electrónico, nº colexiado 2.525 da Coruña.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no tocante a entidades afectadas, o Concello de Tordoia presentou a Resolución do 11 de xullo de 2024, da Axencia Galega de Infraestructuras, pola que autoriza as obras para realizar na estrada autonómica.

4. O día 3.12.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no parque empresarial de Pedrasalgueira, parroquia de Santa Mariña de Anxeriz, concello de Tordoia, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTS (1) a 15 kV, de 1.580 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº A0DMURC4//110 existente da liña CBL707B, procedente da subestación Carballo, e remate no CS nº 1 proxectado.

• LMTS (1) a 15 kV, de 655 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe no CS nº 1 proxectado e remate no CS nº 2 proxectado.

• CS (nº 1) compacto prefabricado de manobra exterior e configuración 3L+SS.AA., para instalar a carón do CT Agrícola Cancela (15PLNV).

• CS (nº 2) compacto prefabricado de manobra exterior e configuración 3L+SS.AA., para instalar lindeiro coa AC-400 á altura do CT Industrias Torres (15PMGD).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.

C) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 3 de decembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña