DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos de alguacil porteiro e auxiliar administrativo correspondentes ás ofertas de emprego público de 2022 e 2024.

O Boletín Oficial da provincia de Lugo número 267, do 20 de novembro de 2025, publica integramente as bases para prover, mediante concurso-oposición, as prazas de persoal funcionario correspondentes ás ofertas de emprego público de 2022 e 2024 (DOG núm. 48, do 4.8.2023, e núm. 44, do 5.3.2025), que se relacionan:

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Núm. de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

AP

E

Funcionario de carreira

1

Alguacil porteiro

Libre

C

C2

Funcionario de carreira

1

Auxiliar administrativo

Libre

O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios desta entidade e na sede electrónica do concello https://lancara.sedelectronica.gal

Láncara, 20 de novembro de 2025

O alcalde
(Alcalde por substitución)
Pablo Rivera Capón
Primeiro tenente de alcalde