Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies árboreas na parcela 192 do polígono 175, segundo consta no catastro deste concello, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Considerando que, con data do 20.10.2025, se lles notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.
Considerando que, malia o prazo transcorrido no día de hoxe, seguen a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies árboreas.
Considerando, que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e que os seus custos se repercutirán ás persoas responsables.
Considerando, que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Mediante este decreto, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,
RESOLVO:
Primero. Aprobar a execución subsidiaria por parte do Concello de Begonte de xestión da biomasa e/ou retirada de especies árboreas da parcela 192 do polígono 175, segundo consta no catastro deste municipio, cuxos titular catastral é Bautista Roibás Redondo por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Segundo. Encomendar os traballos de execución subsidiaria dada a carencia de medios municipais propios á empresa Servicios Forestales Begal, con CIF B56694342 debéndose facilitar os necesarios accesos por parte das persoas responsables e sen que se requira ningunha autorización ao respecto.
Terceiro. A especies árboreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previstos na dita Lei 3/2007, e destinaranse os importes obtidos pola venda a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.
Cuarto. Practicar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies árboreas retiradas.
Quinto. Notificar esta resolución á persoa interesada, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.
Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun (1) mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dos (2) meses contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poidan simultanear ambos os dous.
Se se interpuxer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa desta ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Begonte, 21 de novembro de 2025
José Ulla Rocha
Alcalde
