En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Juan Jesús Fontenla Touriño.
DNI: ***6042**.
Expediente: DH.A36.107333.
Volume total anual: 231,4 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,05 l/s.
Destino: abastecemento e rega.
Orixe: x=549990; y=4725248 (ETRS89 fuso 29).
Lugar: Carboas.
Parroquia: Pardemarín (Santa Baia).
Concello: A Estrada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga, mediante unha tubería de drenaxe, dun manancial situado na parcela 36017F521003850000PR, para a súa condución mediante tubaxe de 24 m cara unha arqueta de repartición. Desde a arqueta, a auga acumúlase en dous depósitos de formigón armado e, desde eles, unha tubaxe de 150 m lévaa ata as parcelas 36017F521060080001AY e 36017F521060080000PT, para o seu aproveitamento como uso doméstico e rega, respectivamente.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
