De conformidade co establecido na Lei 8/2012, de vivenda de Galicia, na redacción dada pola Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, en concreto, no seu artigo 63.1, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xaneiro de 2025, no artigo 22 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como as acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, e no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, en sesión desenvolta o 21 de novembro de 2025,
ACORDA:
Iniciar o proceso de selección de persoas adxudicatarias de 40 vivendas de protección oficial de promoción pública de réxime xeral sitas no concello da Coruña, expediente C-2021/010, que se desenvolverá de conformidade coas seguintes bases:
Primeira. Obxecto do procedemento
1. O procedemento ten por obxecto adxudicar, logo do correspondente proceso de selección previsto nestas bases, as 40 vivendas de protección oficial de promoción pública sitas na parcela Z-13 de Xuxán, A Coruña, expediente C-2021/010, que se indican no anexo para a quenda xeral e para a de mobilidade reducida.
2. Para realizar a adxudicación realizarase un sorteo entre todas as persoas inscritas ou anotadas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na sección 1ª (demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública) para o concello da Coruña como concello preferente, elixidas polo procedemento e que cumpran os requisitos previstos nestas bases.
Segunda. Características das vivendas
1. Tipoloxías das vivendas.
|
Núm. de vivendas |
Núm. de dormitorios |
|
|
5 |
2 |
|
|
30 |
3 |
2 adaptadas para mobilidade reducida |
|
5 |
4 |
2. Composición familiar para cada vivenda.
|
Tipoloxía das vivendas |
Núm. de membros |
|
2 dormitorios |
1 a 3 membros |
|
3 dormitorios |
4 o 5 membros |
|
4 dormitorios |
6 ou máis membros |
|
Reserva: vivendas adaptadas para mobilidade reducida |
Sen límite de membros |
3. Todas as vivendas contan con garaxe e rocho.
Terceira. Cualificación da promoción e reservas
1. A promoción obtivo a cualificación provisional como vivendas de promoción pública de réxime xeral en virtude de resolución da directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas do 14 de novembro de 2025.
2. De conformidade co disposto nos artigos 74 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia e 34.1.b) do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, o 40 % (15) das vivendas resérvanse para familias ou unidades convivenciais cuxa persoa titular teña menos de 36 anos, agás na quenda de mobilidade reducida, para a que se reservan 2 vivendas.
Cuarta. Requisitos dos beneficiarios/as
1. Conforme o disposto no artigo 63.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, poderán resultar adxudicatarias das vivendas as persoas residentes en Galicia, así como as persoas emigrantes retornadas, que reúnan os seguintes requisitos na data desta resolución de inicio:
a) Atoparse inscritas ou anotadas, na data desta resolución de inicio, na sección primeira do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña como concello preferente e, se é o caso, na quenda de mobilidade reducida.
b) Acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial, no último exercicio fiscal vencido, entre 0,7 e 3 veces o Índice Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), ao abeiro do disposto no artigo 63.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia; no artigo 18 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro; no Acordo do Consello da Xunta do 20 de xaneiro de 2025, publicado por Resolución do director xeral do IGVS do 22 de xaneiro.
c) Residir ou traballar no concello da Coruña, agás no caso de emigrantes que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a cinco anos.
d) Carecer, calquera membro da unidade familiar ou convivencial, de vivenda en calidade de propietario, agás que se dea algunha das seguintes circunstancias:
• Acreditar que a vivenda que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada nos termos especificados na Resolución do 14 de setembro de 2012, do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Neste suposto quedarán obrigados a ofertar ao IGVS a dita vivenda para efectos do disposto no artigo 10.V do Decreto 253/2007, do 13 de decembro.
• Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable á persoa interesada, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da vivenda.
e) Non atoparse en ningunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da unidade familiar ou convivencial:
• Que xa fosen titulares de vivendas de protección oficial de promoción pública e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a alleasen por calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados a xuízo da Comisión Provincial.
• Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.
f) Para as vivendas reservadas conforme o disposto na cláusula terceira, para a quenda de mobilidade reducida, ter recoñecida esta condición no correspondente certificado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e, para a quenda de idade, constituír familias ou unidades convivenciais cuxa persoa titular teña menos de 36 anos.
2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, será requisito para a adxudicación da vivenda manter a vixencia da inscrición ao longo de todo o proceso de selección, de xeito que a falta de renovación da inscrición, de resultar obrigado/a a iso nos termos do artigo 15 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, en calquera momento anterior ao acordo da Comisión que aprobe a súa inclusión na lista definitiva de persoas adxudicatarias, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.
Quinta. Réxime de adxudicación das vivendas da promoción
Ao abeiro do disposto no artigo 19.1 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, en relación cos artigos 7, 9.2, 13 e 22.2.c) do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, e na Instrución 3/2023, do 8 de novembro, do director xeral do IGVS, o réxime de adxudicación das vivendas de protección oficial de promoción pública será en arrendamento.
Sexta. Condicións xerais
1. O contrato de arrendamento terá unha vixencia de sete anos (7), que se contarán desde a sinatura do contrato, sen prexuízo da súa prórroga de conformidade co establecido na Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, na súa redacción dada polo Real decreto lei 7/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugueiro.
Unha vez transcorridos os prazos de prórroga fixados na devandita lei, o contrato poderá seguir prorrogándose por prazos anuais.
Estará prohibida, en todo caso, a cesión ou subarrendamento, total ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións a que houbese lugar.
2. A renda inicial anual será a que resulte de aplicarlle o 3 % ao que sería o prezo de venda da vivenda e dos anexos, determinado de acordo co establecido no artigo 66 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e no artigo 31.3.2 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro.
3. A eficacia da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de arrendamento, logo do pagamento por parte da persoa adxudicataria da fianza correspondente.
Sétima. Procedemento de selección
1. O procedemento de selección tramitarase consonte o establecido nos artigos 22 a 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas.
2. A selección das persoas adxudicatarias efectuarase mediante un sorteo, que terá lugar ante notario/a o día 16 de xaneiro de 2026, agás indispoñibilidade do fedatario/a autorizante, que a situación sanitaria non o permita ou calquera outra causa de forza maior apreciada pola Comisión; nestes casos publicarase a data definitiva do sorteo na páxina web do IGVS, cunha antelación mínima de tres días naturais.
No sorteo participarán todas as persoas inscritas ou anotadas, na data desta resolución de inicio, no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na sección 1ª para o concello da Coruña como concello preferente, nas quendas xeral e de mobilidade reducida.
3. O sorteo iniciarase coa quenda para vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida elixíndose:
|
Mobilidade reducida |
|
|
Adxudicatarios/as |
2 |
|
Reservas |
10 |
4. De conformidade co previsto no artigo 22.2.h) do precitado Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, do rexistro de demandantes, na quenda xeral, establécense lotes segundo o número de dormitorios das vivendas, realizándose un sorteo diferenciado para cada un deles, que comezará, en todo caso, pola reserva a menores de 36 anos de idade, atendendo ao seguinte:
Primeiro: vivendas de 4 dormitorios para unidades familiares ou convivenciais de 6 ou máis membros:
|
Cota menores de 36 anos |
Cota sen límite de idade |
|
|
Adxudicatarios/as |
2 |
3 |
|
Reservas |
6 |
9 |
Segundo: vivendas de 3 dormitorios para unidades familiares ou convivenciais de 4 ou 5 membros:
|
Cota menores de 36 anos |
Cota sen límite de idade |
|
|
Adxudicatarios/as |
11 |
17 |
|
Reservas |
33 |
51 |
Terceiro: vivendas de 2 dormitorios para unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros:
|
Cota menores de 36 anos |
Cota sen límite de idade |
|
|
Adxudicatarios/as |
2 |
3 |
|
Reservas |
6 |
9 |
5. A orde de confección das respectivas listas de adxudicatarios provisionais e de reservas virá determinada pola orde de selección que se derive do sorteo.
6. A composición das unidades familiares ou convivenciais que se terá en conta para a súa asignación a un ou outro lote para o sorteo será a que conste no Rexistro de Demandantes á data deste acordo de inicio, sen que poidan terse en consideración as modificacións producidas ou notificadas con posterioridade a esta data.
7. Unha vez rematado o sorteo, procederase á publicación das listas provisionais das persoas adxudicatarias e de reserva dos respectivos lotes. Realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, a Comisión Provincial de Vivenda ditará resolución aprobatoria das listas definitivas de persoas adxudicatarias e de reserva, nos respectivos lotes.
8. De conformidade co disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, rematado este proceso a Área Provincial notificarállelo ás persoas adxudicatarias.
Esta notificación deberá conter, entre outros, os seguintes datos: o tipo de vivenda, a superficie útil, o réxime de adxudicación e a renda. Igualmente advertiráselles que teñen quince días para aceptar ou renunciar á adxudicación e ao pagamento dos impostos, os gastos ou a fianza, de ser o caso, que lles corresponda.
Oitava. Publicidade, reclamacións e recursos
1. A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no DOG e nela indicarase o medio onde se efectuarán as sucesivas publicacións, entendendo por estas publicacións as das listas provisionais e definitivas de persoas adxudicatarias e de reserva.
A publicación das listas provisionais e definitivas de persoas adxudicatarias e de reserva realizarase nos taboleiros de anuncios do concello, no da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do organismo.
A publicación substituirá as notificacións persoais de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Tras a publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentaren reclamacións ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.
3. Contra a aprobación da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva, logo da súa publicación nos termos sinalados no punto 1, poderase interpor recurso de reposición de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Novena. Vixencia das listas definitivas
As listas definitivas deste proceso de selección manterán a súa vixencia ata que se produza algunha das seguintes circunstancias:
a) Que se adxudique a totalidade das vivendas desta promoción.
b) Que se produza a súa caducidade automática ao resultar esgotadas por non quedaren integrantes aos cales ofertar as vivendas.
A Coruña, 21 de novembro de 2025
María Begoña Freire Vázquez
Presidenta da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña
ANEXO
Vivenda
|
Nº |
Situación |
Vivenda |
Tipo |
Dorm. |
Sup. útil (m²) |
|
|
Portal |
Andar |
|||||
|
1 |
1 |
1 |
A |
3 |
86,46 |
|
|
2 |
1 |
1 |
B |
4 |
120,00 |
|
|
3 |
2 |
1 |
C |
2 |
70,50 |
|
|
4 |
2 |
1 |
D |
3 |
95,12 |
|
|
5 |
3 |
1 |
E |
3 |
95,12 |
|
|
6 |
3 |
1 |
F |
3 |
95,12 |
|
|
7 |
4 |
1 |
G |
Adaptada |
3 |
94,82 |
|
8 |
4 |
1 |
H |
3 |
86,46 |
|
|
9 |
1 |
2 |
A |
3 |
86,46 |
|
|
10 |
1 |
2 |
B |
4 |
118,86 |
|
|
11 |
2 |
2 |
C |
2 |
68,51 |
|
|
12 |
2 |
2 |
D |
3 |
93,16 |
|
|
13 |
3 |
2 |
E |
3 |
93,16 |
|
|
14 |
3 |
2 |
F |
3 |
93,16 |
|
|
15 |
4 |
2 |
G |
Adaptada |
3 |
92,85 |
|
16 |
4 |
2 |
H |
3 |
86,46 |
|
|
17 |
1 |
3 |
A |
3 |
86,46 |
|
|
18 |
1 |
3 |
B |
4 |
118,86 |
|
|
19 |
2 |
3 |
C |
2 |
68,51 |
|
|
20 |
2 |
3 |
D |
3 |
93,16 |
|
|
21 |
3 |
3 |
E |
3 |
93,16 |
|
|
22 |
3 |
3 |
F |
3 |
93,16 |
|
|
23 |
4 |
3 |
G |
3 |
93,16 |
|
|
24 |
4 |
3 |
H |
3 |
86,46 |
|
|
25 |
1 |
4 |
A |
3 |
86,46 |
|
|
26 |
1 |
4 |
B |
4 |
118,86 |
|
|
27 |
2 |
4 |
C |
2 |
68,51 |
|
|
28 |
2 |
4 |
D |
3 |
93,16 |
|
|
29 |
3 |
4 |
E |
3 |
93,16 |
|
|
30 |
3 |
4 |
F |
3 |
93,16 |
|
|
31 |
4 |
4 |
G |
3 |
93,16 |
|
|
32 |
4 |
4 |
H |
3 |
86,46 |
|
|
33 |
1 |
5 |
A |
3 |
86,46 |
|
|
34 |
1 |
5 |
B |
4 |
118,86 |
|
|
35 |
2 |
5 |
C |
2 |
68,51 |
|
|
36 |
2 |
5 |
D |
3 |
93,16 |
|
|
37 |
3 |
5 |
E |
3 |
93,16 |
|
|
38 |
3 |
5 |
F |
3 |
93,16 |
|
|
39 |
4 |
5 |
G |
3 |
93,16 |
|
|
40 |
4 |
5 |
H |
3 |
86,46 |
|
