De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O acto foi adoptado pola directora territorial.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 13.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.
Lugo, 28 de novembro de 2025
María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
NIF da persoa interesada |
Referencia catastral |
Acto de notificación |
|
APE 120/2025 |
B27463215 |
27015A050008860000SA |
Requirimento |
