DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro do 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo a deslindamentos con particulares (expediente Begonte/1/77 e dous máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 26.11.2025, figura os seguintes acordos:

– MVMC Baamonde, pertencente aos veciños de Baamonde, no concello de Begonte. Expediente Begonte/1_77.

O 23.4.2024, a Comunidade de Baamonde presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012.

O 19.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 23.9.2024 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 2024_8DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Begonte e na web da Consellería do Medio Rural.

O 5.5.2025, a Comunidade de Baamonde informa que no período de información pública non se recibiron alegacións, polo que se ratifican na proposta inicial.

O 7.5.2025, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 21.7.2025, a Comunidade de Baamonde presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 30.9.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Baamonde pasa a ter una superficie de 230,03 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Pena, pertencente aos veciños de Pena, no concello de Friol. Expediente Friol/90_80.

O 23.11.2022, a Comunidade de Pena presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012.

O 10.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 13.4.2023 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 2022_9DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello de Friol e na web da Consellería do Medio Rural.

O 12.6.2023, a Comunidade de Pena presentou a proposta de deslindamento logo do período de exposición pública sen recibir ningunha alegación ao respecto.

O Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 26.6.2025, a Comunidade de Pena presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 19.9.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Pena pasa a ter una superficie de 136,87 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Os Boedos, pertencente aos veciños de Illán, no concello de Begonte. Expediente Begonte/8_77.

O 9.7.2024, a Comunidade de Illán presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012. O día 10.7.2024 presenta unha mellora voluntaria da solicitude.

O 19.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 23.9.2024 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 2024_14DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello de Begonte e na web da Consellería do Medio Rural.

O 5.5.2025 requiriuse á comunidade veciñal a continuación do procedemento debido ao tempo transcorrido, co obxecto de non terlle por desistido da súa solicitude. Porén, nesa mesma data, a comunidade ratifícase na súa proposta inicial, por no recibir alegacións sobre a súa proposta de deslindamento.

O 6.5.2025, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 18.6.2025, a Comunidade de Illán presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 7.7.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte dos Boedos pasa a ter una superficie de 263,63 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 27 de novembro de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Baamonde e outros

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Pena e outros

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Os Boedos e outros

missing image file