DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes parcela 437 do polígono 3, masa 22, parcela 438 do polígono 3, masa 78, e parcela 443 do polígono 3, masa 23, a favor dos veciños de Montouto, na parroquia de Santa Baia de Losón, concello de Lalín.

En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acadado na sesión que tivo lugar o 23 de xullo de 2025 en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Lalín.

Parroquia: Santa Baia de Losón.

1. Nome do monte: parcela 437 do polígono 3, masa 22.

Cabida: 29.907 m2.

Ref. catastral: parte das seguintes parcelas 36024A20200220, 36024A20200043, 36024A20200042, 36024A20200041, 36024A20200040, 36024A20200283, 36024A20200039 e 36024A20209008.

Lindeiros:

Norte: predios 435 da masa común de terras e 436 de Julio Montoto Montoto e vial público.

Sur: predio 438 do lugar de Montouto e vial público.

Leste: vial público.

Oeste: predios 438 do lugar de Montouto e 439-2 de masa común de terras.

2. Nome do monte: parcela 438 do polígono 3, masa 78.

Cabida: 14.555 m2.

Ref. catastral: totalidade da parcela catastral 7234904NH6373S e parte da 7234903NH6373S.

Lindeiros:

Norte: predios 437 do lugar de Montouto, 439-1 de Juan Sanmartín Montero e 439-2 da masa común de terras.

Sur: vial público.

Leste: predio 437 do lugar de Montouto.

Oeste: vial público.

3. Nome do monte: parcela 443 do polígono 3, masa 23.

Cabida: 6.316 m2.

Ref. catastral: parte das seguintes parcelas 36024A20200220, 36024A20200235, 36024A20200032, 36024A20200030, 36024A20200029 e 36024A20200028.

Lindeiros:

Norte: predios 442-1 de Rubén González Bermúdez e 444 de José Fuentes Madriñán.

Sur: vial público.

Leste: predios 444 de José Fuentes Madriñán e 445 de María Luz Ribadulla Castro.

Oeste: predio 442-1 de Rubén González Bermúdez e vial público.

Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 27 de novembro de 2025

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora