Número de depósito Deose: 82000101.
Feitos.
O 4 de novembro de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude de inscrición no depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais a modificación dos estatutos da Federación de Librarías de Galicia, tras a súa aprobación na asemblea xeral realizada o 9 de xullo de 2025.
Consideracións legais e técnicas.
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará unha resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, na cal constará a data de depósito e o número de depósito asignado.
Unha vez revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos da Federación de Librarías de Galicia no depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.
As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución poderá ser impugnada directamente ante os órganos xurisdicionais da orde social, segundo o indicado no artigo 15 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e de acordo co previsto nos artigos 167 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
