A presidenta da Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo (Baiona), América Martínez Álvarez, convoca a asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o domingo 11 de xaneiro de 2026, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda convocatoria, no centro cultural de Baredo, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe da presidenta.
3. Renuncia do fontaneiro e contratación dun novo.
4. Aprobación, se procede, de nova cota de 120€/ano e de enganche de 3.000€.
5. Aprobación, se procede, das contas de 2025.
6. Aprobación, se procede, dos orzamentos de 2026.
7. Aprobación, se procede, de novos enganches.
8. Rogos e preguntas.
Aqueles/as comuneiros/as que non poidan asistir poderán delegar o seu voto –cun máximo de tres votos por persoa– documento que deberán solicitar por correo.
Baredo, 16 de novembro de 2025
América Martínez Álvarez
Presidenta da Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo
