Mediante a Resolución da Alcaldía do 24 de novembro de 2025 (nº 2025-1878), rectificada pola Resolución da Alcaldía do 28 de novembro de 2025 (nº 2025-1915), aprobouse a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2025 para o Concello de Tui, publicada no BOPPO nº 229, do 28 de novembro de 2025, e BOPPO nº 232, do 3 de decembro de 2025, e cuxas prazas que se ofertan son as seguintes:
Persoal funcionario:
|
Grupo/subgrupo |
Clasificación |
Denominación |
Nº de prazas |
Quenda |
Observacións |
|
A2 |
Escala de Administración especial, subescala técnica |
Traballador social |
2 |
Libre |
|
|
A2 |
Escala de Administración especial, subescala técnica |
Arquitecto técnico |
1 |
Libre |
|
|
C1 |
Escala da Administración xeral, subescala administrativa |
Administrativo |
2 |
Libre |
Unha delas reservada para persoas con discapacidade |
|
C2 |
Escala de Administración especial, subescala auxiliar |
Auxiliar de arquivo e biblioteca (parcial 30 horas a semana) |
1 |
Libre |
Praza con xornada parcial 30 horas á semana |
Persoal laboral:
|
Grupo |
Denominación |
Nº de prazas |
Quenda |
|
II |
Profesor de piano-composición (30 horas semanais) |
1 |
Libre |
O que se publica para xeral coñecemento.
Tui, 4 de decembro de 2025
Enrique Cabaleiro González
Alcalde
