DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64652

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de notificación ás persoas titulares descoñecidas, con enderezo descoñecido ou notificación infrutuosa para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

Por medio deste anuncio faise público que o 21 de novembro de 2025 se ditou unha resolución do teor literal seguinte:

«Resolución do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente:

Notificación ás persoas titulares descoñecidas, con enderezo descoñecido ou notificación infrutuosa para lembrar o cumprimiento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

Esta concellería, no exercicio das súas funcións e facendo uso das facultades que lle confiren a lexislación vixente e a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, emite a seguinte resolución:

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa, que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e que resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

1.8.2025

36055A05600177

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

056

00177

Descoñecida

5.9.2025

36055A02300261

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

023

00261

Descoñecida

16.9.2025

36055A05600391

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

056

00391

Descoñecida

10.11.2025

36055A04700196

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

047

00196

Descoñecida

10.11.2025

36055A04700190

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

047

00190

Descoñecida

13.11.2025

36055A03100179

Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra

031

00179

Descoñecida

20.11.2025

36055A03600465

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

036

00465

Descoñecida

20.11.2025

36055A03600350

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

036

00350

Descoñecida

20.11.2025

36055A03600346

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

036

00346

Descoñecida

20.11.2025

36055A03600464

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

036

00464

Descoñecida

20.11.2025

36055A03600488

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

036

00488

Descoñecida

20.11.2025

36055A03700004

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

037

00004

Descoñecida

20.11.2025

36055A03700005

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

037

00005

Descoñecida

20.11.2025

36055A03500828

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

035

00828

Descoñecida

14.10.2025

36055A03800286

Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra

038

00286

Hros. de Elisa Martínez Bargiela

12.11.2025

36055A03100124

Paramos (San Xoán), Tui, Pontevedra

031

00124

Dolores Alonso Groba

13.11.2025

36055A03100432

Paramos (San Xoán), Tui, Pontevedra

031

00432

Manuel Alonso

13.11.2025

36055A03100182

Paramos (San Xoán), Tui, Pontevedra

031

00182

Manuel Fernández Pérez

20.11.2025

36055A03500755

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

035

00755

Fortunato Soutelo Lameiro

20.11.2025

36055A03500771

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

035

00771

Manuel Núñez Rodríguez

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben executar a xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

2º. Comunícase a obriga de pór en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

3º. Advírtese que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, se poderán impor multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben efectuar a execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para realizar os traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

4º. No caso de efectuar a execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, tras seren atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Realizarase a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

Número de ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación do prezo por ha

Liquidación provisional

2025/36055A05600177

36055A05600177

0,023

874,91€

20,57 €

2025/36055A02300261

36055A02300261

0,028

3.545,82 €

101,66 €

2025/36055A05600391

36055A05600391

0,238

3.545,82 €

843,25 €

2025/36055A04700196

36055A04700196

0,350

3.545,82 €

1.243,36 €

2025/36055A04700190

36055A04700190

0,496

3.545,82 €

1.760,85 €

2025/36055A04700179

36055A03100179

0,008

3.545,82 €

29,30 €

2025/36055A03600465

36055A03600465

0,123

3.545,82 €

437,58 €

2025/36055A03600350

36055A03600350

0,159

3.545,82 €

566,84 €

2025/36055A03600346

36055A03600346

0,107

3.545,82 €

381,70 €

2025/36055A03600464

36055A03600464

0,024

3.545,82 €

86,33 €

2025/36055A03600488

36055A03600488

0,026

3.545,82 €

95,49 €

2025/36055A03700004

36055A03700004

0,032

3.545,82 €

115,73 €

2025/36055A03700005

36055A03700005

0,078

3.545,82 €

276,85 €

2025/36055A03500828

36055A03500828

0,021

3.545,82 €

76,93 €

2025/36055A03800286

36055A03800286

0,141

3.545,82 €

289,80 €

2025/36055A03100124

36055A03100124

0,068

3.545,82 €

243,04 €

2025/36055A03100432

36055A03100432

0,109

3.545,82 €

389,86 €

2025/36055A03100182

36055A03100182

0,041

3.545,82 €

148,16 €

2025/36055A03500755

36055A03500755

0,022

3.545,82 €

81,03 €

2025/36055A03500771

36055A03500771

0,029

3.545,82 €

103,88 €

5º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Realizarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

6º. No caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

7º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Tui.

8º. Infórmase que contra o presente acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos en aplicación dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e dos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta notificación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente notificación, se non se interpuxese o de reposición.

• Calquera outro que considere conveniente baixo a súa responsabilidade.

9º. Darase traslado da presente resolución ao Pleno corporativo na vindeira sesión que se realice».

Tui, 21 de novembro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 23.1.2024)
Ismael Diz Garrido
Concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente