O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) na parcela dotacional EU-2 –Edificio de investigación para o IDIS–, presentado o 3 de outubro de 2025, e asinado pola arquitecta Isabel Castillo Lema (NUNstudio).
Segundo. O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o Plan especial no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.
Contra o acordo de aprobación definitiva do citado Plan especial, poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
O PEID aprobado definitivamente pode consultarse no seguinte enderezo da páxina web do Concello de Santiago de Compostela:
https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/peid-parcela-dotacional-eu-2-edificio-investigacion-para-idis
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
