DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64504

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2025 pola que se convoca formación en prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da Coruña.

De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Vitaly Health Services, S.L., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal de atención directa do Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da Coruña.

Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Acceso ás actividades formativas

O acceso será a través da páxina web da EGAP: <https://egap.xunta.gal> e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a poderá acceder ao curso o día do seu comezo.

4. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 e 981 54 63 35, en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico xestion.egap@xunta.gal

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.

Quinta. Criterios de selección

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. A asistencia

A asistencia:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e Vitaly Health Services, S.L.

1. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Vitaly Health Services, S.L. resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Edición

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Data, horario e lugar de realización

Área de formación: coñecementos transversais

CV26001

CAPD1

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD da Coruña

6

25

Presencial

12 de xaneiro de 2026.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Lugar de realización: CAPD da Coruña.

CV26001

CAPD2

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD da Coruña

6

25

Presencial

12 de xaneiro de 2026

Horario: das 15.30 ás 21.30 horas.

Lugar de realización: CAPD da Coruña

CV26001

CAPD3

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD da Coruña

6

25

Presencial

14 de xaneiro de 2026

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Lugar de realización: CAPD da Coruña.

CV26001

CAPD4

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD da Coruña

6

25

Presencial

14 de xaneiro de 2026

Horario: das 15.30 ás 21.30 horas.

Lugar de realización: CAPD da Coruña.

CV26001

CAPD5

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD da Coruña

6

25

Presencial

16 de xaneiro de 2026

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Lugar de realización: CAPD da Coruña

CV26001

CAPD6

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD da Coruña

6

25

Presencial

16 de xaneiro de 2026

Horario: das 15.30 ás 21.30 horas.

Lugar de realización: CAPD da Coruña.