DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64502

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 2 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207E).

BDNS (Identif.): 874400.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/874400

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

As persoas físicas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

Segundo. Finalidade

Regular as subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 2 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207E).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas subvencións destínase un crédito global de 176.000 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.A1.432B.480.0 e 13.A1.432B.770.0 do orzamento da Axencia Galega das Industrias Culturais, código de proxecto 2015-0003, para os anos 2026 e 2027, segundo a distribución económica do cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

13.A1.432B.480.0

48.000 €

13.A1.432B.770.0

34.000 €

94.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais