De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, núm. 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 2 de decembro de 2025
Esther Rodríguez Casal
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE |
Acato obxecto de notificación |
|
ES-OU-10/2023 |
44447796-C |
Resolución de procedemento sancionador pola presunta infracción á normativa vixente en materia de vivenda |
