DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 2025 Páx. 64763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 9 das normas subsidiarias do planeamento de Vilalba no lugar da Parrocha, parroquia de Nete, no concello de Vilalba (expediente 2025AAE3040).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 1 de decembro de 2025 sobre a modificación puntual nº 9 das normas subsidiarias do planeamento de Vilalba no lugar da Parrocha, parroquia de Nete, no concello de Vilalba.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3040).

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade