O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2025/3093911.
Data: 8.11.2025.
Solicitante: Iria Novillo Casal.
Especie: Quercus robur L.
Tipo: árbore.
Localidade: A Sionlla.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña
Rexistro de entrada: 2025/3289447.
Data: 27.11.2025.
Solicitante: Saúl de la Peña Lastra.
Especie: Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.
Tipo: árbore.
Localidade: Vigo.
Concello: Dodro.
Provincia: A Coruña.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterá ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que as persoas interesadas poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de vinte días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información do expediente que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
