Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BEG704 substitución do apoio AOHDUQOI 23, no concello de Betanzos (expediente IN407A 2024/052-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 2 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/052-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA BEG704 substitución do apoio AOHDUQOI 23.
Concello: Betanzos.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Río Covo |
Parcela: 888 Polígono: 11 |
María de las Mercedes San Adrián Otero, Luis Antonio José San Adrián Otero, María José San Adrián Otero, Ana Rodríguez San Adrián, María Rodríguez San Adrián, Belén Rodríguez San Adrián e Enrique Julio Rodríguez San Adrián |
23.12.2025 |
