DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 2025 Páx. 64780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT A Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805, que figuran no anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 3 de decembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/237-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT A Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805.

Concello: Nigrán.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

54035A036000310000HT

José Figueroa Rodríguez

2025/54/536