Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa interesada que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT SIG802 en AI8O5RM3//49-55-16, no concello de Oroso (expediente IN407A 2024/123-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/123-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación dun telecontrol na LMT SIG802 en AI8O5RM3//49-55-16.
Concello: Oroso.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Chousa da Igrexa |
Parcela: 7 Polígono: 15 |
Descoñecida |
23.12.2025 |
