Mediante acordo da Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 26.11.2025, publícase que o Concello de Celanova aprobou a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio de 2025, co seguinte contido:
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público de 2025 coa inclusión das seguintes prazas:
I. Prazas de acceso libre.
Persoal funcionario de carreira:
|
Denominación da praza |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Sistema de selección |
Nº de prazas |
Xornada |
|
Axente da Policía local |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Mobilidade |
1 |
Completa |
Persoal laboral fixo:
|
Denominación da praza |
Grupo |
Sistema de selección |
Nº de prazas |
Xornada |
|
Operario/a de limpeza viaria |
V |
Concurso-oposición libre |
1 |
Completa |
|
Operario/a polideportivo |
V |
Concurso-oposición libre |
1 |
Completa |
Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova, así como na sede electrónica deste concello https://celanova.sedelectronica.es/info.0, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificarlle o presente acordo á empregada pública municipal que se atopa ocupando a praza que é obxecto da oferta.
Cuarto. Ordenar que a convocatoria das prazas se publique no diario oficial da provincia, da comunidade autónoma ou, de ser o caso, do Estado, debendo asegurar a súa execución no prazo máximo de tres anos.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa precitada publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderase exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Celanova, 11 de decembro de 2025
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde
