Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies arbóreas na parcela 12 do polígono 121, segundo consta no catastro deste concello, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Considerando que con data do 2 de outubro de 2025 se notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.
Considerando que pese ao prazo transcorrido no día de hoxe segue a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas,
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e cuxos custos se repercutirán ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Pola presente, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, no uso das facultades conferidas pola normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a execución subsidiaria por parte do Concello de Begonte de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas da parcela 12 do polígono 121, segundo consta no catastro deste municipio, cuxa titular catastral é Filomena Alvariño Acosta por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Segundo. Encomendarlle os traballos de execución subsidiaria –dada a carencia de medios municipais propios– á empresa Servicios Forestales Begal con CIF B56694342, á cal as persoas responsables lle deberán facilitar os necesarios accesos e sen que se requira ningunha autorización ao respecto.
Terceiro. As especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previstos na dita Lei 3/2007, e os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.
Cuarto. Efectuar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies arbóreas retiradas.
Quinto. Notificarlles a presente resolución ás persoas interesadas, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.
Recursos. Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de 2 meses contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.
De se interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Begonte, 25 de novembro de 2025
José Ulla Rocha
Alcalde
