DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 2025 Páx. 64820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO do procedemento de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas no polígono 125, parcela 175 (expediente 698/2025).

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas na parcela 125 do polígono 175, segundo consta no catastro deste concello, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.

Considerando que con data do 24 de outubro de 2025 se notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Considerando que pese ao prazo transcorrido no día de hoxe segue a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e cuxos custos se repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Pola presente, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forertais, no uso das facultades conferidas pola normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a execución subsidiaria por parte do Concello de Begonte de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas da parcela 125 do polígono 175, segundo consta no catastro deste municipio, cuxa titular catastral é Divina Mercedes Roibás Redondo por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.

Segundo. Encomendarlle os traballos de execución subsidiaria –dada a carencia de medios municipais propios– á empresa Servicios Forestales Begal con CIF B56694342, á cal as persoas responsables lle deberán facilitar os necesarios accesos sen que se requira ningunha autorización ao respecto.

Terceiro. As especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previstos na dita Lei 3/2007, e os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.

Cuarto. Efectuar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies arbóreas retiradas.

Quinto. Notificarlles a presente resolución ás persoas interesadas, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.

Recursos. Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de 2 meses contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.

De se interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Begonte, 25 de novembro de 2025

José Ulla Rocha
Alcalde