DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64925

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Asesoría Xurídica, persoal estatutario de xestión e servizos, adscrito á Xerencia.

Mediante a Resolución do 3 de setembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 181, do 19 de setembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Asesoría Xurídica, persoal estatutario de xestión e servizos, adscrito á Xerencia.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencia en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o posto de xefe/a do Servizo de Asesoría Xurídica, persoal estatutario de xestión e servizos, adscrito á Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, á aspirante seleccionada que consta no anexo.

Segundo. A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, no prazo de sete días hábiles se son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. A aspirante seleccionada obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, a profesional seleccionada será avaliada para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, daráselle previamente audiencia á interesada.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 9 de decembro de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto

DNI

Apelidos e nome

Postos

Denominación

Adscrición

***6183**

Rial Liñares, Mª José

1

Xefe/a do Servizo de Asesoría Xurídica

Xerencia

(Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.