DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64918

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025 pola que se convoca para a elección de destino definitivo a unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro); e, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte da persoa aspirante, co obxecto de adxudicarlle destino definitivo, e segundo a base V.5 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I os datos da nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, e que é convocada á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación da base V.5 da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. A persoa aspirante elixirá as prazas ao subgrupo, escala e especialidade ao que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da paxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».

1º) De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo, escala e especialidade ao que accede. A devandita exclusión non suporá dereito a indemnización. O seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo.

2º) De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. Neste punto, lémbrase que de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira como consecuencia dos procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deberán permanecer en servizo activo no devandito corpo e escala un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo, escala e especialidade a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

Se unha persoa aspirante se atopase incluída na relación de aprobados en máis dun proceso selectivo de estabilización convocado pola Administración xeral da Xunta de Galicia, deberá optar exclusivamente por un deles, renunciando expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

2. Aspirantes que se atopan na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. Neste caso, a renuncia debe presentarse por escrito no rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, se é o caso, persoal laboral fixo, mediante un escrito presentado no rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles conforme o establecido na disposición terceira desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicasen os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos, renunciando expresamente ao outro, sempre que non se producise aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados. Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste punto.

Oitavo. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores, o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito a compensación.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal De grao medio de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Relación de aprobados

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***5223**

González Rodríguez, María Jesús

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Código

Nome

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

32

MAC040000015770029

Posto base subgrupo A2

MA

D. X. de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Santiago de Compostela

A2

16

43

MRC992012232320004

Xefatura sección C (Xinzo)

MR

Oficina de Xinzo de Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

A1-A2

22

 

45

MRA112300327300011

Posto base subgrupo A2

MR

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos (Lugo)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Monforte de Lemos

A2

16

Xornada especial

47

MRA112100315120012

Posto base subgrupo A2

MR

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (A Coruña)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Boqueixón

A2

16

 Xornada especial

51

MRC050000015770018

Posto base subgrupo A2

MR

D. X. de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Santiago de Compostela

A2

16

56

MRA112000315080043

Posto base subgrupo A2

MR

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Bergondo

A2

16

Xornada especial

59

MRO130000015770016

Posto base subgrupo A2

MR

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Fogga/Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Santiago de Compostela

A2

16

 

60

MRA113000315010035

Posto base subgrupo A2

MR

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Abegondo

A2

16

70

MRC991030115001055

Posto base subgrupo A2

MR

Servizo de Explotacións Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

A2

16

73

MRO191000015001002

Posto base subgrupo A2

MR

Servizo Territorial da Coruña

Fogga/Servizos territoriais

A Coruña

A2

16

168

79

MRC992011332700005

Xefatura de Sección C (A Rúa)

MR

Oficina da Rúa

Servizos periféricos

A Rúa

A1-A2

22

82

MRC991000036001023

Posto base subgrupo A2

MR

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

16

83

MRA112200327500004

Xefatura Secc. Form. e Exp. Agraria

MR

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias (Ribadeo)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Ribadeo

A1-A2

22

Xornada especial

88

MRC992012232320005

Xefatura Sección C (Xinzo)

MR

Oficina de Xinzo de Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

A1-A2

22

90

MRC992013136240007

Xefatura Sección C (Lalín)

MR

Oficina de Lalín

Servizos periféricos

Lalín

A1-A2

22

94

MRC991030115001018

Técnico/a N.18

MR

Servizo de Explotacións Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

A2

18

102

MRA112400327060007

Posto base subgrupo A2

MR

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Becerreá

A2

16

Xornada especial

109

MRC992004515760001

Xefatura Sección C (Sta. Comba)

MR

Oficina de Santa Comba

Servizos periféricos

Santa Comba

A1-A2

22

119

MRC992012132840004

Xefatura de Sección C (Verín)

MR

Oficina de Verín

Servizos periféricos

Verín

A1-A2

22

126

MRA112600315010059

Técnico/a de Apoio á Divulg. e Investig. Agraria VI

MR

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

Abegondo

A1-A2

22

370-640

Formacións específicas

Código

Descrición

168

Carné de conducir B1 (mérito).

370

Doutoramento en materia agraria (R.I.)

640

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)