Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 6 de novembro de 2025 (DOG núm. 219, do 12 de novembro), fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, nas cales se incorporan as solicitudes presentadas no prazo extraordinario aberto para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no prazo ordinario establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Con data do 26 de novembro de 2025 rematou o prazo establecido no punto terceiro da devandita resolución para presentar reclamacións.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Estas listas incorporan as solicitudes presentadas no prazo extraordinario comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no prazo ordinario comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril, establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
As devanditas listas incluirán a seguinte información:
– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido nos artigos 9, 9.bis e da disposición adicional sexta do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2025 (DOG núm. 44, do 5 de marzo, e DOG núm. 220, do 13 de novembro) pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2024, polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e segundo o réxime transitorio establecido no seu anexo II, as listas de contratación propias do consorcio estarán vixentes ata a súa substitución polas listas derivadas do Decreto 37/2006.
As listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo), substituirán as listas propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na data que expresamente se determine na resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que se publicará tan pronto como se elaboren as listas correspondentes ás escalas análogas ás categorías existentes no consorcio e quede garantida a viabilidade técnica do sistema de citacións.
Esta resolución pola que se establecerá a substitución dunha determinada lista propia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por unha lista regulada polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo), será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deben consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de ter aboado as taxas administrativas.
Sexto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
|
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
|
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial |
|
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de montes |
|
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
|
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
|
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de química |
|
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
|
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
|
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
|
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
|
A1 |
207J |
Escala superior de saúde laboral |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade de seguridade no traballo |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación |
|
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
|
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
|
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade de medicina |
|
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía |
|
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía |
|
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
|
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
|
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
|
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
|
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
|
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
|
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
|
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
|
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal |
|
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
|
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
|
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
|
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
|
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
|
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
|
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
|
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
|
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas |
|
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial |
|
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola |
|
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas |
|
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
|
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
|
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
|
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
|
A2 |
209D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de educador Infantil |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
A2 |
208A |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de enfermaría |
|
A2 |
208B |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de fisioterapia |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de educadores |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de terapia ocupacional |
|
A2 |
208E |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de traballo social |
|
A2 |
207N |
Escala técnica de saúde laboral |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade de seguridade no traballo |
|
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
|
C1 |
209E |
Escala técnica de mantemento de servizos |
|
C1 |
209G |
Escala técnica de cociña |
|
C1 |
209H |
Escala técnica de condución |
|
C1 |
209I |
Escala técnica de análises de laboratorio |
|
C1 |
209O |
Escala de axentes de inspección. Especialidade de vixilancia de estradas |
|
C1 |
209U |
Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada |
|
C1 |
20B6 |
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade de capataz |
|
C1 |
20D5 |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de animación sociocultural |
|
C1 |
208I |
Escala de axentes de inspección. Especialidade de mobilidade |
|
C1 |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de xardín de infancia |
|
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
|
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de patrón |
|
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de mecánico |
|
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
|
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C2 |
209M |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos e bibliotecas |
|
C2 |
209N |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
|
C2 |
208N |
Escala auxiliar de mantemento |
|
C2 |
208P |
Escala auxiliar de laboratorio |
|
C2 |
208Q |
Escala auxiliar de condución |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a |
|
C2 |
207T |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba |
|
C2 |
207U |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal |
|
C2 |
207X |
Escala de garda de recursos naturais |
|
C2 |
207Y |
Escala de auxiliar de coidadores |
|
C2 |
207Z |
Escala de auxiliar de cociña |
|
C2 |
20D0 |
Escala de auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade de oficial |
|
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
|
|
209R |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade de persoal de limpeza e cociña |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
|
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
|
II |
031 |
Restaurador/a |
|
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
|
II |
039 |
Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais |
|
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
|
III |
012 |
Mestre/a de taller |
|
III |
036 |
Experto/a en audiovisuais |
|
III |
037 |
Técnico/a de son |
|
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
|
III |
066 |
Axudante/a de taller. Adxunto/a de taller |
|
III |
097 |
Auxiliar de son |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
III |
101 |
Proxeccionista |
|
III |
102 |
Encadernador/a |
|
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
|
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
|
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda de explotación |
|
IV |
020 |
Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
|
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar de carpintaría |
|
IV |
024 |
Xastre/a |
|
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
|
IV |
031 |
Legoeiro/a |
|
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico de máquinas defensa contra incendios forestais |
|
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
|
V |
003-02 |
Resolución 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante de oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
|
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
|
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
10D |
Socorrista |
|
V |
10F |
Peón/oa forestal |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
