BDNS (Identif.): 875863.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/875863
Artigo 1. Obxecto
1. O obxecto desta orde é convocar as axudas para a preparación e a aplicación dos plans de produción e comercialización (PPeC) que executen en 2025 as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, recoñecidas no ámbito autonómico de Galicia, en desenvolvemento do capítulo II do título I da Orde do 26 de setembro de 2024 que establece as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG número 193, do 7 de outubro de 2024) (en diante, bases reguladoras).
A información asociada ao procedemento das axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/) co código de procedemento PE155C.
2. Estas axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia, establecidos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.
3. Tamén é obxecto desta orde permitir que aquelas organizacións de produtores pesqueiros que o consideren oportuno poidan, de xeito voluntario, solicitar un anticipo para a execución do seu PPeC por un importe do 25 % do importe da Resolución da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica pola que se aprobou o plan de produción e comercialización (PPeC) da entidade referido á anualidade 2025.
No caso de que o Plan de produción e comercialización teña carácter plurianual, o anticipo calcularase sobre o importe consignado no PPeC referido exclusivamente á anualidade 2025.
Artigo 2. Entidades beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores con ámbito exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia que estean dadas de alta no Rexistro establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, tanto se solicitan un anticipo coma se non.
Artigo 3. Requisitos, obrigas e compromisos das entidades beneficiarias
Para acceder a estas axudas, as entidades solicitantes deben cumprir os requisitos xerais e específicos que se establecen nas bases reguladoras, así como os sinalados na presente orde, e será necesario ter obtido a aprobación do Plan de produción e comercialización (PPeC) na fase do anticipo, e do informe anual de actividades correspondentes ao ano 2025 na fase da axuda.
Artigo 4. Crédito orzamentario
1. Estas axudas faranse efectivas con cargo ao orzamento da Consellería do Mar, a través da aplicación orzamentaria que se especifica a continuación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025 e 2026.
A contía máxima total será de tres millóns seiscentos mil euros (3.600.000,00 euros) e distribuirase da seguinte forma:
|
Liña de axuda |
Anualidade |
Proxecto contable |
Aplicación orzamentaria |
Contía (euros) |
|
Preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización |
2025 |
2023 00196 |
16.02.723B.780.0 |
650.000,00 |
|
16.02.723B.770.0 |
150.000,00 |
|||
|
2026 |
2023 00196 |
16.02.723B.780.0 |
2.275.000,00 |
|
|
16.02.723B.770.0 |
525.000,00 |
|||
|
Total |
3.600.000,00 |
|||
2. O importe fixado na presente convocatoria, así como aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos establecidos no artigo 31 da Lei de subvencións de Galicia, e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da citada Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, agás indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.
3. No caso de que sexa necesaria unha alteración na distribución dos créditos orzamentarios establecidos no punto 2 deste artigo, non será precisa unha nova convocatoria, pero si a realización das modificacións que procedan no expediente de gasto.
4. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de ditarse a resolución de concesión da axuda.
Artigo 5. Cofinanciamento dos Fondos Europeos
1. Estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea nun 70 % a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e pola Comunidade Autónoma de Galicia no 30 % restante.
2. O período de elixibilidade do actual programa operativo FEMPA 2021-2027 abarca desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2027, como establece o artigo 1 do Regulamento (UE) 2021/1139, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.
O cofinanciamento da Unión Europea a estas axudas encádrase no FEMPA a través:
– Da prioridade 2. Fomentar as actividades sostibles de acuicultura, así como a transformación e comercialización dos produtos da pesca e a acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria da Unión.
– Do obxectivo específico 2.2. Promover a comercialización, a calidade e o valor engadido dos produtos da pesca e a acuicultura, así como da transformación dos ditos produtos.
– Do tipo de actividade 2.2.1. Mellora da organización do sector. Plans de produción e comercialización.
– Do tipo de intervención 2. Promover as condicións para uns sectores da pesca e a transformación economicamente viables, competitivos e atractivos.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
